Cross Broña.
Cao club atletismo

A proba do CAO por excelencia

CROSS DE BROÑA, UNHA FESTA DEPORTIVA ÚNICA

O Cross de Broña é a proba deportiva de referencia para o Club de Atletismo Outes e está moi vencellada co nacemento do mesmo. As orixes desta proba remóntanse ao ano 2005 cando a Asociación de Veciños O Pedregal organizaba a primeira “Milla de Broña”, unha proba deportiva campo a través para todas as categorías no espectacular entorno da praia de Broña, no Concello de Outes. No ano 2008, coa idea de ampliar as probas do evento para atraer máis participantes, comezan a colaborar coa Asociación varios membros do actual club no deseño de trazados e na organización.

DESAFÍA OS TEUS LÍMITES E ÚNETE AO RETO

Despois de varios anos colaborando na organización da proba, xurde a idea de crear un club de atletismo no concello. Así, no ano 2013, nace o Club de Atletismo Outes, que toma a testemuña como principal organizador da proba, contando coa colaboración continua da Asociación de Veciños O Pedregal, que segue a prestar o seu apoio incondicional.

Cada setembro, sen excepción, o Cross de Broña segue celebrándose como o evento deportivo anual máis destacado para a entidade, atraendo a numerosos participantes e espectadores.

XVIII Edición Cross de verán de Broña 2024

AS INSCRICIÓNS FINALIZARÁN O MÉRCORES, 11 DE SETEMBRO DO 2024 ÁS 23:59H. OU Ó COMPLETAR O CUPO DE PRAZAS DISPOÑIBLES.

Se tes calquera dúbida, non dubides en poñerte en contacto connosco. Estaremos encantados de axudarche.

XVIII Cross de Verán de Broña

Galería do Cross de Broña

Nesta colección de imaxes atoparás os mellores momentos capturados durante as nosas probas anuais.